Festival Identidade

Hoxe tivo lugar a presentación do espectáculo IDENTIDADE da Asociación Cultural Saiñas de Xove no Salón de Plenos do Concello, acto que contou coa presenza da Concelleira de Cultura Dolores Meitín, o Presidente de Saiñas Andrés Piñeiro e o Director do espectáculo Pablo Rivas.