Open de Surf “Esteiro en Xove”

Este vindeiro fin de semana, concretamente o sábado 3 e o domingo 4 de xuño, vaise desenvolver en Xove, na Praia de Esteiro, o OPEN DE SURF “ESTEIRO EN XOVE”.Trátase dun campionato organizado por Esteiro Surf Café, coa colaboración da   Federación Galega de Surf,  Concello de Xove e Cerveza Mahou; este Open está encravado tamén dentro do Circuíto Galego de Surf. Ao mesmo tempo, dicir que se trata dun Open, ousexa, é unha competición aberta a surfers doutras comunidades,  non é unha competición exclusiva para galegos.Na competición van estar representadas tódalas modalidades (surf, body board, long board e  paddle surf) e tódalas categorías (dende infantil ata master).

   Na parte competitiva escribíronse 150 surfers; neste sentido temos inscritos o tope, xa que por cuestións organizativas non podemos acoller máis deportistas, polo que lamentamos que bastantes se quedasen fóra da convocatoria.

   A competición vai comezar o sábado 3 ás 9:00 h, desenvolvéndose durante todo o día sen interrupción ata as 21:00 h., en que se dará por rematada esta primeira xornada. O domingo 4 tamén comezará a competición ás 9:00 horas, contándose  que esté rematada, coa entrega de premios e trofeos, tamén sobre as 21:00 h.

   A organización ten disposto para este campionato  en concepto de premios 1.000 €uros en metálico e outros 1.000 €uros en material deportivo; ademais os correspondentes trofeos que correrán a cargo da Federación Galega de Surf.

   Durante a competición imos contar coa presenza do Entrenador da Federación Galega de Surf Milo Castelo, que vai aproveitar para facer unha preselección  para formar parte da Selección Galega de Surf.

   Un feito moi importante para este Open é a presenza de ERIC REBIERE, TRES VECES CAMPIÓN DE EUROPA  de Surf, exTop 44 mundial e surfista de olas grandes da recoñecida mundialmente Ola de Nazaré en Portugal.

Amais do aspecto competitivo, a organización ten disposto para tódolos deportistas e acompañantes unha serie de actividades lúdicas; neste sentido,  vai haber música nocturna e tamén vaise realizar unha parrillada popular.

   Dentro do apartado de colaboracións con este Open, temos a: “55 Albo Sneakers”, “Sensación Surf Escola”, “Hola Ola Sur Escola”, “Palagua Surf Shop”, “Ortegal Surf Escola”,  “Oxígeno Surf Shop”, “Surf Market” e “Gamus Surf Escola”, a todos os cales lles agradecemos a súa colaboración.

   Asdo: Ignacio (Nacho) Fernández e Catalina Quintana de  Esteiro Surf Café (organizadores do evento)

Tfno de contacto para ampliar información:  Nacho: 606 400 726