Sumoas: Ultima tirada da tempada de Bolos

Tarde fria. 29 participantes nesta última tirada da tempada. Campo húmido dado as choivas previas á competición, pero en aceptables condicións para o xogo.

Liga Senior Masculina.- Inda sen facer  unha gran tirada (quedou 5º),  Arturo Vigo consigueu imporse nesta XXVIII Tirada, conseguindo o seu título nº 15. A sorpresa veu na pelexa pola segunda posición, que perdeu Rafael González a favor de Jordi Meitín, quen con este subcampionato consigue meterse por primeira vez entre os tres primeiros clasificados. Gran tempada a de Jordi, onde destacaríamos o seu excelente rendimento e nivel nos desquites,  os cales lle deron esta privilexiada posición. Pola súa banda, Rafael González, que nunha tarde aciaga, na que a sorte non o acompañou, xa que quedou 9º na tirada, tivo que conformarse coa terceira posición final, que seguramente lle sabe a pouco, pero que confirma que, un ano máis, sigue na elite deste deporte, xa que se trata do segundo xogador con máis entorchados na historia deste deporte en Xove, só por detrais de Arturo Vigo.

LIGA SENIOR:

CAMPIÓN ARTURO VIGO CASABELLA TROFEO E 200 €
SUBCAMPIÓN JORDI MEITÍN SERANTES TROEFO E 150 €
TERCEIRO J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ TROFEO E 100 €

MELLOR BOLADA

DO CAMPIONATO

ALEX MEITÍN SERANTES, cunha bolada de  108 tantos obtida na tirada do Centro Social do Cruceiro o 12 de xaneiro de 2017 TROFEO E 50 €
Trofeos e premios en metálico tamén para o resto de clasificados ata a posición número 12.