O Concello comeza co seu Programa de Nadal

O Concello comeza hoxe as súas actividades para este Nadal coa celebración dun OBRADOIRO DE COLOCACIÓN DE BELÉN, actividade que está prevista que se desenvolva de 17:00 a 20:00 h. na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na cal van participar rapaces/as de 10 a 18 anos. Esta actividade está organizada pola OMIX da Concellería de Xuventude.

Continuando coa programación prevista, para o Domingo, 18 de decembro a Concellería de Cultura ten previsto un CONCERTO DE “SONS DE CELEIRO”. Este vaise celebrar a partires das 6 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Trátese dun grupo que, inda que é de recente creación, xa ten un importante curriculum, con numerosas actuacións na Mariña. Con perto de 20 membros, trátase dun grupo coral con acompañamento musical, facendo una música moi popular e tradicional. Habaneras, fados e música de creación propia conforman o seu repertorio. Decir tamén que acaban de facer público o seu primeiro traballo, “NOVOS CANTARES”, o cal tiveron a oportunidade de presentar no Luar da TVG.  Neste momento están promocionando o seu traballo pola Mariña, cun percorrido dende Vicedo ata Mondoñedo.  

 A entrada a este concerto é totalmente libre e gratuita.