Campionato de Bolos: Resultados da 6ª tirada

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE A VARA     (  5 NOVEMBRO   2016)

  29   INSCRITOS: 16  NA LIGA SENIOR,    6  NA LIGA SUB 16   E     7  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                                  NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 295 12
SEGUNDO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 281 10
TERCEIRO ARTURO VIGO CASAB ELLA 278 8
CUARTO CHRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 275 7
QUINTO JORDI MEITÍN SERANTES 275 6
SEXTO LUIS RANCAÑO BOUSO 271 5
SÉTIMO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA 241 4
OITAVO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 239 3
NOVENO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 227 2
DÉCIMO JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ 224 1
MELLOR BOLADA RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ 88 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO JULIA LÓPEZ FORMOSO 151 6
SEGUNDO JAVIER ALONSO LÓPEZ 125 4
TERCEIRO HUGO PÉREZ MEITÍN 112 3
CUARTO CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ 111 2
QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 73 1
MELLOR BOLADA JULIA LÓPEZ FORMOSO 49 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 224 6
SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 210 4
TERCEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 184 3
CUARTO CARMEN ROCA CORRAL 165 2
QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZS 131 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 69 1

Tarde fria  con ameaza de choiva durante  todo o desenvolvemento da tirada.

Liga Senior Masculina.- Segunda victoria do xove Miguel López que o aúpa á terceira posición, compartida con Jordi Meitín. Pola súa banda, Rafa continúa cunha excelente regularidade (puntuou en tódalas tiradas) e vé como amplía a súa vantaxe na clasificación. Temos que decir que Rafa, vixente campión, está xogando a un gran nivel e, sobretodo, está acertando nos desquites, parcela que en anos pasados lle deu non poucos quebradeiros de cabeza. Se sigue desquitando desta maneira, ten moitas papeletas para repetir trunfo final.

Dentro dos primeiros postos de cabeza temos dous xogadores non habituais nestas posicións:  Miguel López, quen na súa primeira tempada está demostrando que ten un grandísimo futuro nesta competición e, o máis veterano, Jordi Meitín, que está mantendo unha gran regularidade, cun nivel por riba do realizado nos últimos anos.

Non nos olvidamos doutra das grandes promesas deste deporte como é Daniel Alonso; Dani, que está xogando con moita ansiedade nesta primeira fase do campionato, deberá escalar posicións en canto se tranquilice, e aborde este xogo con máis calma; facultades non lle faltan para estar cos mellores.

Liga Senior Feminina.- Victoria de Belén Meitín que lle permite sustituir na cabeza a Salomé Bermúdez.  Pola súa banda, o segundo posto e a mellor bolada acadada por Salomé Cardoso permítenlle acortar distancias coa cabeza e non perder comba na percura do liderato.  Outra das grandes favoritas, Carmen Roca,  volveu a dar a de area e estase alonxando da cabeza, cunha diferenza co liderato que xa semella ser preocupante.

Liga Sub 16.- Por fín unha victoria de Julia López, que xunto coa mellor bolada permítenlle sumar uns moi importantes puntos e acortar diferenzas coa cabeza.

O liderato, unha semana máis, para Javier Alonso, quen con 33 puntos está mantendo unha excelente regularidade. Sígueo Hugo con 28 puntos e que esta semana só puido ser terceiro.  A estas alturas do torneo parece claro que entre Javier, Hugo e Julia vai estar o podium final; polo xogo mostrado ata o momento, non parece que poidan ser inquietados polr Raquel, Lara, Izan ou Christian, por decir algúns dos competidores.

  

A vindeira tirada vai ter lugar  CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ este vindeiro SÁBADO, 12 DE NOVEMBRO DE 2016.