Rita Morrigan gaña o VII premio Vergara-el Rincón

A novela foi seleccionada entre 256 manuscritos de novela romántica , procedentes de distintos lugares de España y de Hispanoamérica.

Con emoción acábase de recibir no noso Concello a noticia do premio acadado por Rita Morrigan, seudónimo escollido pola escritora xovense Lucía Meitín. Decimos con emoción porque Lucía/Rita ou Rita/Lucía, ademáis de escritora de novelas, é unha compañeira que exerce o seu traballo no Laboratorio de Investigación Social do noso Concello.

O Premio Vergara-El Rincón de Novela Romántica está considerado un dos máis importantes premios, senón o máis,   deste xénero literario en España e Hispanoamérica. Da importancia deste premio dan fé os 256 manuscritos presentados na edición deste ano,  procedentes de toda España e Hispanoamérica, aos cales tivo que enfrentarse a nosa escritora.

Corazones en el café é o título da novela coa que conseguiu o Premio.  Aparte dos traballos publicados como investigadora social, dentro do que é a novela romántica este sería o seu sexto traballo. Facendo un repaso cronológico, as cinco novelas xa editadas serían:  Dulce camino espinoso (2010), Íntimo sendero de magia (2012), El sueño de una bruja (2014), Perfecta para mí (2015) e La Luna en tus manos (2016).

O Alcalde,  Demetrio Salgueiro, en representación do pobo de Xove, quere mostrar a súa ledicia por este premio e transmitirlle a Lucía os seus máis sinceiros parabens por este fito que nos enorgullece a tódolos xovenses.