Clausura de XOVE CONCILIA

Hoxe,  31 de agosto, tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Xove, cunha merendola-festa,  a clausura do Programa XOVE  CONCILIA, na cal participaron nenos-as xunto cos seus pais.

XOVE CONCILIA é, básicamente,  un programa de conciliación da vida familiar e laboral destinado ás  familias de Xove durante os meses de xullo e agosto.O Programa, dirixido dende  as Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais, destinouse a nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º de Primaria. 36 menores participaron nas diferentes actividades, desenvolvidas en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Coa finalidade de que a maior parte das familias se puideran beneficiar deste proxecto de conciliación, durante o mes de xullo puidéronse anotar tamén os nenos e nenas nacidos no ano 2013, para participar durante o mes de agosto, co cal, ao final,  tivemos un total de 45 nenos/as que pasaron este verán polo Programa. En canto ás actividades desenvolvidas, tivemos xogos de todo tipo, talleres, bailes, etc.

concilia06