Festa Do Percebe En Xove 2016

Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde o vindeiro 23 de xullo vai ter lugar a Vª FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animounos a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada  na Praza do Concello no Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente desta Festa. O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser loxicamente o rei.

   As distintas especialidades que se van ofertar-+, son:

Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 6 €uros a botella. Loxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación dun DISCOMOVIL,  que van por o punto musical  á mesma. Tamén van animar esta festa, alternándose coa Discomóvil, os gaiteiros de Saiñas, que sen dúbida lle van dar un sabor local á mesma. A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan. A organización conta coa colaboración do Concello de Xove, a Confraría de  Pescadores de San Cibrao, a Asociación de Festexos a Medorra  e a Asociación Cultural Saiñas de Xove.   Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.