Cristian Rodríguez: Campión Mundial por Parellas

Despois de celebrada o Campionato Intercontinental, durante os dias 24, 25 e 26 de xuño, tamén nos campos de Nigrán, Bayona e Gondomar, desenvolveuse o Campionato Mundial De Bolos, cita a que acudeu o Club de Bolos Xove cun importante grupo de tiradores. O xogador do Club de Bolos Xove Cristian Rodriguez Baño, que no Intercontinental conseguira proclamarse Campion Individual, volveu a encaramarse ao máis alto do podium neste Camionato Mundial. Formando parella co xogador Alberto González do Club de Bolos Xunqueira, Cristian conseguiu o Campionato Mundial de Bolo Celta na modalidade de Parellas. Ainda que no clasificatorio para elixir as 8 parellas que disputarian a fase final no Campo de Bolos de Baiona estiveron a piques de quedar fora, no ultimo intre Cristian e Alberto conseguiron meterse como a octava parella. Neste clasificatorio a parella formada polos xovenses Ginés Rodriguez e Oscar Perez pasaron no posto 5 a fase final.

 Na primeira eliminatoria Gines e Oscar quedaron eliminados tras unhas boas xogadas en tiro pero pesimo xogo en birle. Sen embargo Cristian e Alberto foron mellorando o seo xogo ata facerse co Campeonato Mundial, sen ter moitos apuros en ningunha eliminatoria

 Por último, na categoria individual, só Oscar Perez acadou sitio nos 16 mellores, quedando Gines Rodríguez a un so posto de disputar o Campeonato individual. Oscar quedou fora na primeira eliminatorio nun partido moi disputado pero a sorte non estivo do seu lado.