Cristian Rodríguez : Campión Intercontinental de Bolos

O Campionato Intercontinental de Bolo Celta  desenvolveuse o pasado fin de semana (18 e 19 de xuño) nos campos de bolos dos concellos de Nigrán. Gondomar e Bayona. Neste campeonato participaron xogadores de Argentina, Utruguay, Chile, Portugal e España.Pois ben, o xogador do Club de Bolos Xove Cristian Rodriguez Baño consigueo o título de CAMPION INDIVIDUAL neste campeonato Intercontinental na modalidade de Bolo Celta. Cristian acadou este titulo tras ser o lanzador que consigueo unha mellor puntuacion despois de 12 tiradas e vencendo a un total de 140 xogadores (35 equipos de 4 xogadores cada equipo) .-Cristian fixo un total de 548 puntos, sacándollle a Inocencio Valverde (actual campión galego) un total de 24 puntos. Asimesmo, Cristian consigueo o titulo de CAMPIÓN DE PARELLAS formando parella con Alberto González (Club de Bolos Xunqueira). 

E para completar un fin de semana impresionante, Cristian Rodríguez (Club de Bolos Xove) xunto a Roberto Paz, Diego Perez e Alberto Gonzalez acadaron a 3ª praza no Campionato por equipos formando parte da SELECCION GALEGA ABSOLUTA. Pois ben, a cita cos bolos non rematou neste Intercontinental xa que, durante os dias 24, 25 e 26 deste mes, tamén nos campos de Nigrán, Bayona e Gondomar, vaise desenvolver o CAMPIONATO MUNDIAL DE BOLOS, cita a que acudirá tamén o Club de Bolos Xove cun importante grupo de tiradores.