Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal

Esta entrega, que se desenvolveu hoxe no Salón de Plenos do Concello, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consisten en material escolar e un Diploma Acreditativo. Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.

 

Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar  a participación e creatividade dos nosos rapaces.  Os/as premiados/as no Concurso, foron:

   1º.- Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):

      1º : (Nº 06) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.

      2º : (Nº 33) YOEL LÓPEZ GONZÁLEZ.

      3º : (Nº 07) AROA PITA RODRÍGUEZ.

   2º.- Categoría 1º e 2º de Primaria:

      1º : (Nº 18) EDUARDO FLORES ESCOBAR.

      2º : (Nº 14) UXÍA GRADAILLE DURÁN.

      3º : (Nº 25) DIANA MASEDA RIVAS.

   3º.- Categoría 3º e 4º de Primaria:

      1º : (Nº 28) IAGO DE VICENTE DOCOBO

      2º : (Nº 13) JUDITH SUÁREZ AZOGUE.

      3º : (Nº 39) ENMA BUJÁN ROUCO.

   4º.- Categoría 5º e 6º de Primaria:

      1º : (Nº 26) KEVIN CASTRO PIÑEIROA.

      2º : (Nº 46) ALEJANDRO PARAPAR FERNÁNDEZ.

      3º : (Nº 21) IKER COSTA GONZÁLEZ.

   5º.- Categoría 1º a 4 º de ESO:

      1º : (Nº 36) DIEGO FERNÁNDEZ VICENTE.

      2º : (Nº ) DESERTO

      3º : (Nº ) DESERTO