Máis Nadal 2015-2016
Pasado prácticamente o ecuador, o nóso Concello continúa coas actividades programadas para este Nadal.
-
- Festa Infantil de Fin de Ano. Vaise desenvolver mañá, xoves 31 de decembro en horario de 11:00 a 13:00 h, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove. Na mesma, os nenos/as asistentes van disfrutar dunha auténtica festa, con uvas, campanadas e champín.
- Actuación do Grupo de Teatro de Sombras Luz, Micro y Punto coa obra “ON EL FUNAMBULISTA”. Esta actuación vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico xa o vindeiro ano, concretamente o domingo, 3 de xaneiro a partires das 19:00 horas. Trátase dun espectáculo axeitado para tódolos públicos, en especial para nenos/as de 4 anos en diante. Esta actuación, cunha duración aproximada de unha hora, entra dentro do chamado teatro de sombras.
- Día do Neno.- Tradicional día adicado a tódolos nenos/as polo Concello durante o Nadal. Vaise desenvolver o vindeiro luns, 4 de xaneiro, na Piscina Municipal e no Pavillón Municipal de Deportes con Xogos Acuáticos na Piscina Municipal de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h e Inchable no Pavillón Municipal de Deportes de 16:00 a 20:00 h.