PROGRAMACIÓN NADAL
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Dentro do amplo espectro de actividades deseñados, para os vindeiros días temos:
-
- Xoves, 24 de decembro à Teremos un Ciclo de Cine Ambiental e Solidario a partires das 19:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, coa proxección das películas “LA DEUDA OCULTA” – “BLOOD COLTAN” E “ALMA”, ciclo que conta coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).
- Venres, 25 de decembro – DÍA DE NADALà A partires das 17:00 horas (5 da tarde), no Pavillón Municipal de Deportes imos ter o ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN INFANTIL “ESPECIAL NADAL, con músicas e bailes en especial para nenos/as, que inclúe tamén un obradoiro de xogos xigantes e un Papá Noel. Rematado este espectáculo, os participantes poderán disfrutar dunha chocolatada. A entrada a este espectáculo “Especial Nadal” é totalmente LIBRE E GRATUITA.