Concurso de Postais de Nadal 2015

O CONCELLO DE XOVE obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos programados para o Nadal, establece as normas reguladoras da participación, as axudas económicas e dos premios que se outorgarán aos participantes que interveñan neste concurso de Postais.

Contía dos premios .- Haberá cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar valorados en 25 euros. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno. Unha das postais premiadas poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. De acordo co RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas, non están suxeitos a retención ningún dos anteriores premios.

Requisitos dos participantes.- Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde preescolar ata 4º de ESO) A documentación a presentar será a seguinte: -Ficha de inscrición establecida ao efecto.- A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa postal a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 18 de decembro.

 CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA