SAN BARTOLO 2015 EN XOVE: DÍA DOS NENOS
Dentro do Programa que o Concello de Xove ten preparado para este San Bartolo 2015, mañá, xoves 27 de agosto, teremos as seguintes actividades dentro do denominado DIA DOS NENOS
- 16:00 HORAS: actuación do Grupo NI FU NI FA coa obra”UN RATO DE BIBLIOTECA” no Salón de Actos do Centro Cívico. Este espectáculo teatral vai dirixido en especial a nenos/as, pero aberto a familias e a todo tipo de público.
- Esta actuación é a terceira e última incluída dentro do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
- 17:00 HORAS: PARQUE INFANTIL DIVERNENO. Con moitos xogos e inchables. Vaise desenvolver na Praza do Centro Cívico; en caso de choiva, que esperemos que non suceda, as atraccións do Parque instalaríanse dentro do Pavillón Municipal de Deportes, polo cal a actividade está totalmente garantizada. Dentro dos inchables que imos ter, dous son de auga, polo que recomendamos que os nenos/as e rapaces/as veñan cun bañador e unha toalla para poder disfrutar plenamente dos mesmos.
- 21:30 HORAS: PREGÓN DAS FESTAS a cargo de D. Antonio Rodríguez Basanta, Administrador da Diócesis de Mondoñedo-Ferro. No salón de Actos do Centro Cívico.
- Todas estas actividades, en especial o teatro para nenos e os inchables, son de carácter totalmente libre e gratuito, e aproveitamos para invitar a tódolos nenos/as e rapaces/as de Xove e de toda a Comarca a que asistan.