IVª FESTA DO PERCEBE EN XOVE

Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde o vindeiro 18 de xullo vai ter lugar a IVª FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animounos a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada na Praza do Concello no Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente destaFesta. O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei. 

As distintas especialidades que se van ofertar son:

Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 6 €uros a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).
Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación dun DISCOMOVIL, que van por o punto musical á mesma. Tamén van animar esta festa, alternándose coa Discomóvil, os gaiteiros de Saiñas, que sen dúbida lle van dar un sabor local á mesma. A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan. A organización conta coa colaboración do Concello de Xove, a Confraría de Pescadores de SanCibrao,a Asociación de Festexos a Medorra e a Asociación Cultural Saiñas de Xove. Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.