VISITA DE ALUMNOS FRANCESES AO CONCELLO DE XOVE

Hoxe un grupo de 11 alumnos/as franceses e 2 profesoras de Poilly-lez-Gien, localidade cercana a Orleans, realizaron unha visita ao noso Concello, na cal foron recibidos polo alcalde e a concelleira de cultura. Estes alumnos están realizando un intercambio con alumnos do IES Illa de Sarón; chegaron o domingo 19 de abril e van rematar a súa visita o vindeiro domingo 26 de abril.