SAIÑAS ORGANIZA O VIIº FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA

MAÑÁ sábado, 28 DE MARZO, ás 7 da tarde no Pavillón de Deportes do Centro Cívico, a Asociación Cultural Saiñas de Xove organiza o VIIº FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA. No mesmo van participar os seguintes grupos ou agrupacións:   -“AMIGOS DA GAITA” DE RIBADEO. -“A SUBELA” DE FOZ E “SAIÑAS” DE XOVE.

Como dixemos, a organización corre a cargo da Asociación, contándose para este evento coa colaboración do Concello de Xove.  Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñanos, así como a tódolos visitantes nesta Semana Santa.