Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

XVI Tirada do Campionato de Bolos

foto11

 Nesta xornada  tivemos  37 inscritos e con un Campo en perfectas  condicións, que tivo os resultados seguintes:

  • Liga Senior Masculina.- Tirada moi igualada nesta categoría; o 9º posto acadado por Rafael González, que sumou só dous puntos, costoulle o liderato, e importante vantaxe de 9 puntos que disfrutaba sobre Arturo Vigo esfumouselle, e agora é segundo a un punto de Arturo. A falla de dúas tiradas para rematar, Morás e Sumoas, a emoción é máxima; en principio a tirada de Morás favorece a Arturo e a de Sumoas a Rafael, dahí que o pronóstico é totalmente incerto, e o normal é que teñamos que esperar ata a última tirada para coñecer o gañador desta XXVIª tirada. Tanto Arturo como Rafa son agora matemáticamente inalcanzabeis, polo que os perseguidores terán que pelexar pola terceira praza final; nesta tesitura temos a Alex Meitín con 86 puntos, Francisco Pérez con 76, Jose Vigo con 73, e Moisés Rodríguez, Sócrates Campo e Luis Rancaño con 69, 67 e 66 puntos respectivamente. En principio o vixente campión Alex Meitín ten moitas posibilidades, pero bueno, xa se sabe, ata o rabo todo é toro, e calquera dos que veñen por detrais pode dar a sorpresa; un día malo teno calquera.
  • Liga Senior Feminina.- Se a igualdade na anterior categoría é máxima, o mesmo pasa nesta; a líder Belén Meitín non foi capaz siquer de puntuar, o que aproveitaron Salomé Cardoso e Carmen Roca para recortar distancias, estando agora a 2 e 3 puntos respectivamente da líder. A falla de só dúas tiradas, o máis posible é que se xoguen o todo polo todo na última tirada; Belén inda ten un certo marxe de fallo dado grazas á pequena vantaxe que posúe, pero Salomé e Carmen non poden permitirse fallar.
  • Liga Sub 16.- Se as dúas primeiras posicións xa están claras, nas dúas últimas tiradas finais queda por ver quen se alza co último escalón do podium; esta terceira praza a están a disputar Julia López (30 puntos) e Hugo Pérez (27 puntos), dous nenos moi competitivos e cun gran futuro neste deporte. Pois ben, no tramo de Liga que resta teremos que fixarnos nestes dous xogadores para ver quen deles se leva o gato á auga.

Nesta categoría inda queda unha pequena pelexa, que están a dirimir os dous mellores xogadores da Liga; Daniel e Miguel tamén están coitando por ver quen se alzo co trofeo á mellor bolada do campionato; por agora vai por diante Miguel, xa que ten unha mellor bolada de 74 tantos acadada o pasado 25 de xaneiro na boleira do Cruceiro. Pero bueno, coñecendo como coñecemos a Daniel, sabemos que vai a pelexar ata o final por conseguir este prezado trofeo. 

A vindeira tirada, e penúltima desta tempada, vaise celebrar CENTRO SOCIAL DE MORÁS,  O VINDEIRO  SÁBADO, 28 DE FEBREIRO DE 2015.cool

 

INCIDENCIAS DA 16ª  TIRADA (CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ - Sábado, 21 de  FEBREIRO 2015)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ    (21 FEBREIRO  2015)

 38   INSCRITOS:  23  NA LIGA SENIOR,    7  NA LIGA SUB 16   E      8 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION

                                                 NOME

TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO

ARTURO VIGO CASABELLA

347

12

SEGUNDO

ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS

319

10

TERCEIRO

JOSE VIGO LAGE

319

8

CUARTO

LUIS RANCAÑO BOUSO

316

7

QUINTO

MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

313

6

SEXTO

GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

309

5

SÉTIMO

DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

306

4

OITAVO

SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

304

3

NOVENO

JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

300

2

DÉCIMO

CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

288

1

MELLOR BOLADA

ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS

105

1

LIGA SUB 16

PRMEIRO

MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

221

6

SEGUNDO

DANIEL ALONSO LÓPEZ

213

4

TERCEIRO

LAURA IGLESIAS MARIÑO

136

3

CUARTO

HUGO PÉREZ MEITÍN

124

2

QUINTO

JAVIER ALONSO LÓPEZ

112

1

MELLOR BOLADA

DANIEL ALONSO LÓPEZ

72

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO

SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

247

6

SEGUNDO

DOLORES BAÑO FRAGA

220

4

TERCEIRO

SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

200

3

CUARTO

CARMEN ROCA CORRAL

186

2

QUINTO

CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

170

1

MELLOR BOLADA

SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

73

1

 

Campo en perfectas  condicións. 37 inscritos.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo