CONTINÚAN OS SÁBADOS BAILONGOS EN XOVE

Os Sábados Bailongos, que na súa primeira parte desenvolvéronse dende finais de novembro ata finais de xaneiro deste ano, van ter a súa coninuidade ata finais de marzo. Un total de 7 bailes, que comezarán este vindeiro sábado 7 de febreiro co DÚO SESIÓN, vanse desenvolver ata finais de marzo. Temos que decir que o Concello está moi satisfeito de cómo se están a desenvolver, sobretodo pola resposta do público, tanto de Xove como de fóra. 

En total van ser 16 SÁBADOS BAILONGOS, cuxa organización e financiamento corre totalmente a cargo do noso Concello.O lugar de celebración vai seguir sendo o  Salón de Actos do Centro Cívico, local que cremos especialmente axeitado para este tipo de actos dado que se trata dun espazo amplo,  cunha  boa acústica para este tipo de  música e cálido para xente. A entrada aos bailes é de carácter totalmente libre e gratuito, comezando os mesmos, cada sábado, ás 21:30 horas.

PROGRAMACIÓN  7 DE FEBREIRO: DUO SESIÓN // 21 FEBREIRO: DUO MERENGUE //  28 FEBREIRO: DUO ECLIPSE // 7 MARZO: DUO SAVOI // 14 MARZO: DUO DIAMANTES//  21 MARZO: DUO SESIÓN // 28 MARZO: DUO EPO-K.