INTENSO FIN DE SEMANA DE NADAL EN XOVE.-
-
- O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha; despois dos Bolechas, da Festa na Escola Infantil e da apertura hoxe da exposición de Cristian Carabalí, preséntasenos un intenso fin de semana de Nadal, con múltiples actividades.
- Sábado, 20 de decembro .- VISITA DE PAPÁ NOEL POLAS PARROQUIAS -Durante o día, Papá Noel vai realizar unha visita por tódalas parroquias do Concello conforme ao seguinte percorrido:
- Pola mañá: Ás 12:00 h. no Centro Social de Monte, ás 12:30 h. no Escola de Gulpilleiras en A Rigueira, e ás 13:00 h. no Club Palmeiro.
- Pola tarde: Ás 15:30 h. no Centro Social do Cruceiro, ás 16:00 h. no Centro Social de A Vara, ás 16:30 h. no Centro Social de Vilachá, ás 17:00 h. no Pórtico da Igrexa de Morás, ás 17:30 h. no Centro Social de Lago e ás 18:00 h. no Centro Social de Sumoas.
- INAUGURACIÓN DO BELÉN MUNICIPAL.- O Belén Municipal, que ocupa unha boa parte do Parque anexo ao Centro Cívico, vaise inagurar ás 19:00 horas (7 da tarde). Nesta inauguración vanse realizar algunhas escenificacións a cargo da Escola de Maiores do Concello. Uns 20 membros da Escola van participar no evento.
- Rematada a inauguración, imos poder disfrutar novamente de Papá Noel, que vai estar na Praza do Centro Cívico despois de percorrer tódalas parroquias do Concello.
- Domingo, 21 de decembro .- TEATRO .- Ás 20:00 h. (8 da tarde) no Salón de Actos do Centro Cívico, o grupo de teatro da FUNDACIÓN EU SON/CENTRO DE DISCAPACITADOS INTELECTUAIS de Burela vai por en escena a obra “UN DÍA DO REVÉS” de Alba Guijarro.
- Dende o Concello queremos invitar a tódolos nosos veciños e visitantes a participar neste amplo abanico de actividades, que un ano máis organiza o Concello a través das distintas concellerías.