SÁBADOS BAILONGOS EN XOVE

Este fin de semana comeza no noso Concello os SÁBADOS BAILONGOS, unha das actividades lúdico-culturais que máis éxito está a ter; estamos a falar   dos bailes populares de salón, eventos que son seguidos e contan coa participación de todo tipo de persoas, pero que teñen o seu público máis particular, polo menos no noso Concello, no sector da terceira idade e parellas casadas en xeral.

O lugar de celebración dos SÁBADOS BAILONGOS vai a ser o  Salón de Actos do Centro Cívico, local que cremos especialmente axeitado para este tipo de actos dado que se trata dun espazo amplo,  cunha  boa acústica para este tipo de  música e cálido para xente. A entrada aos bailes é de carácter totalmente libre e gratuito, comezando os mesmos, cada sábado, ás 21:30 horas.

Esta actividade, que se vai prolongar nos vindeiros meses, xa conta cun programa pechado ata finais de xaneiro do vindeiro ano e que adxuntamos. A organización e financiamento desta actividade corre totalmente a cargo do noso Concello.