nova edición do concurso POSTAIS PARA O NADAL

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Postais.  Coma en anos anteriores, o Concurso vai dirixido a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.- Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno.

Unha das postais premiadas poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. Neste sentido, este ano escolleuse  unha postal de Noel Quelle, gañador da pasada edición na categoría de 1º a 4º de ESO, como felicitación de Nadal  do Concello  a tódolos nosos veciños.

Os traballos (postais)  hai que presentalos na Biblioteca Pública Municipal de Xove, sendo a  data límite para presentar as postais  o venres 19 de decembro, incluído. Cada concursante poderá presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se quere potenciar e a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Os traballos participantes serán expostos na Biblioteca Municpal segundo se vaian presentando. Dende o Concello animamos a tódolos nenos/as e rapaces/as a que participen nesta actividade. -----> convocatoria e bases no Portal Transparencia <-----