Entregados Os Premios Do Iº Concurso De Fotografía Medioambiental En Xove

Hoxe pola tarde, nun acto desenvolvido no Salón de Plenos do Concello, o alcalde Demetrio Salgueiro fixo entrega dos premios aos gañadores do Iº Concurso de Fotografía Medioambiental.  A esta entrega só faltou Claudia Vázquez, gañadora do segundo premio en categoría xuvenil, por estar de viaxe.  O Concello, a través da Concellería de Cultura, convocou hai uns meses o Iº Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso era  a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.Dentro do concurso tivemos dúas categorías: Adultos, 18 anos ou máis e Xuvenil, para menores de 18 anos.

No Concurso participaron 19 persoas. O Xurado, que estivo nesta ocasión  formado  polo pintor xovense   Juan Manuel Guerreiro Vázquez  “Xoan Guerreiro” e polo fotógrafo de prensa Xaime Fernández Ramallal “Xaime”,  actuando como Secretario  o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello  Mario Eijo Barro, acordou outorgar os seguintes premios: