Festa do Percebe en Xove 2014

Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde o vindeiro 19 de xullo vai ter lugar a IIIª FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animounos a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada  na Praza do Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente desta Festa. O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei. Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 5 € a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).

Especialidades : * Ración de percebes + plato conmemorativo:10 €, *Ración de empanada de percebes: 3 €, *Ración de empanada de zamburiñas:3€, *Ración de empanada mixta de mariscos: 3 €, *Ración de empanada de bonito:3 €.

 Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación de DISCOMOVIL DP,  que van por o punto musical  á mesma. Tamén van animar esta festa, alternándose coa Discomóvil, os gaiteiros de Saiñas, que sen dúbida lle van dar un sabor local á mesma. A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan.


 

 A organización desta Festa corre a cargo da Asociación de Festexos A Medorra, co fin de recadar fondos para organización das Festas Patronais de Portocelo de comezos do mes de setembro e conta  coa colaboración do Concello de Xove, a Cofradía de  Pescadores de San Ciprián, o Grupo de Acción Costeira de A Mariña-Ortegal da Xunta de Galicia, O Ministerio de Agricultura e Alimentación e o Fondo Europeo de Pesca. 

Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.