IIIº Concurso de Karaoke de Xove

Celebrado este pasado sábado 28 de decembro nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente, decir que constituiu todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, coma de público. O Xurado desta IIIª edición estivo formado por: Xulia Nogueira, Directora da Escola Municipal de Música de Xove; Javier Arca de ACIAM Xove e cunha longa tradición como gaiteiro dentro da Asociación Saiñas; e Eduardo Rodríguez, tamén de ACIAM Xove e persoa moi vinculada á musica dende hai moitos anos. 

kara2

A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:

1º Premio “Mellor Voz”: BRAIS BALMAYOR RODRÍGUEZ coa canción “Dime que me quieres” do grupo Tequila. Premio de 40 €uros.

2º Premio “Mellor Voz”: IAGO RIVAS BALSA co villancico popular “Los peces en el rio”. Premio de 40 €uros.

Premio a “Mellor Caracterización”: LARA RODRÍGUEZ BAÑO, TANIA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ E BEATRIZ EIJO GÓMEZ coa canción de Marisol “LaTómbola”. Premio de 40 €uros.

1º Premio “Mellor Voz”: NEREA RIVAS BALSA coa canción “Cómo hablar” de Amaral. Premio de 70 €uros.

2º Premio “Mellor Voz”: MARGARITA PARAPAR FERNÁNDEZ coa canción de La Oreja de Van Gogh “La Playa”. Premio de 70 €uros.

Premio a “Mellor Caracterización”: AHINOA ECHEVARRÍA OLIVER coa canción “Chas! Y aparezco a tu lado” de Alex y Cristina. Premio de 70 €uros.

1º Premio “Mellor Voz”: MARIA DEL CARMEN LÓPEZ VIDAL coa canción “Mujer contra mujer” do grupo Mecano. Premio de 130 €uros.

2º Premio “Mellor Voz”: MARIBEL PERNAS FRA coa canción “Veneno” de Isabel Pantoja. Premio de 130 €uros.

Premio a “Mellor Caracterización”: BRENDA SUÁREZ AZOGUE coa canción de Mecano “Hijos de la luna”. Premio de 130 €uros.

A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por terceiro ano consecutivo. Rematado a fase de Concurso, e mentras o Xurado deliberaba, houbo diversas intervencións musicais, previas á entrega de premios. A entrega de premios foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Cultura Dolores Meitín e outras autoridades.