Entregados os premios do “Concurso Letras Galegas 2013”

O Concello de Xove entregou hoxe, nun acto celebrado no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 18:30 horas, os premios do concurso letras galegas 2013, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. O Concurso foi convocado pola  Biblioteca Municipal de Xove: dentro do concurso tivemos dous apartados, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda,  un apoio á língua galega, e por  outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos. A entrega dos Diplomas e Premios foi presidida pola Concelleira de Cultura Dolores Meitín, acompañada de varios membros do Xurado. A relación de premiados é a seguinte:

neos3

PREMIOS ALUMNOS/AS DO CEIP PEDRO CASELLES ROLLÁN