IIº Concurso de Karaoke mañá en Xove

Mañá, sábado 29 de decembro,  AS 21.30 HORAS   O Pavillón Municipal de Deportes de Xove vai acoller a IIª edición do Concurso de Karaoke, actividade organizada pola Concellería de Cultura que o pasado ano deixou un gran sabor de boca no público que ateigou o Salón de Actos do Centro Cívico. Esta foi a razón de cambiar na edición deste ano o Salón de Actos polo Pavillón de Deportes, dada a gran capacidade deste último, e que esperemos se encha de público na noite de mañá.  Lóxicamente, a esta actividade están invitados tódolos veciños do Concello, e por suposto todas aquelas persoas, sexan de onde sexan, que queiran disfrutar dunha gran velada musical.

En canto ao Concurso en sí, o prazo de inscrición vai estar incluso aberto mañá sábado, podendo inscribirse os/as que o desexen no Pavillón entre as 17:00  e as 19:00 horas.

Tamén no Pavillón, entre as 17:00 e as 19:00 horas, os/as inscritos van poder ensaiar a canción escollida para o Concurso; lóxicamente, para este ensaio teñen preferencia os que xa están inscritos; se quedase tempo, tamén poderían ensaiar os que se inscriban mañá.

Seguindo co Programa de Actividades do Concello para este Nadal 2012-2013, hoxe tivemos pola mañá dúas actividades organizadas pola Concellería de Deportes: unha de  10:15 a 11:15 horas no Salón de Actos denominada “Ximnasia para Todos”, e outra de 11:30 a 12:30 horas denominada “Xogos Infantís”, neste último caso para nenos/as.