Zarzuela / La Verbena de la Paloma

Entre actores, bailaríns, músicos, equipo técnico, etcétera... achégase ao centenar o número de persoas que estarán sobre e detrás do escenario este domingo 16 en Xove as 7 da tarde con motivo da estrea da verbena da pomba (a orixinal foi en 1894 en Madrid) nunha versión practicamente cento por cento lucense dese clásico da zarzuela, cita coa que se quere entreter aos xa amantes do xénero pero tamén difundilo a novas xeracións. Tras un ano de preparativos e con moita «vontade» dos seus participantes, o espectáculo estréase en Xove, xa que o Centro de Música de Fingoi colaborou directamente a Orquestra de Xove. En xaneiro chegará tamén a Vilalba, o día 12, e a Lugo, o 13. A cita xovense, a partir das sete da tarde no salón de actos do Centro Cívico e de entrada totalmente gratuíta, foi presentada hoxe no concello. O alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da edil de Cultura Dolores Meitín, destacou que a «posta de longo» sexa no municipio e remarcou que é unha «oportunidade única» para gozar da obra, «que seguro vai ser un éxito». 

=ENTRADA GRATUITA=