MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Xove, a través da Delegación de Muller e Igualdade, anima a todos os veciños e veciñas e as institucións (asociacións, empresas, organizacións,…) a unirse ao rexeitamento contra a violencia de xénero, a través da súa adhesión a este manifesto.

Non debemos saltarnos os sinais dos malos tratos. Só denunciando a súa presenza conseguiremos que se abra unha ventá nova de esperanza e de futuro. Todos e todas debemos loitar contra a violencia de xénero.

O Concello de Xove é consciente de que só a través da responsabilidade compartida polo conxunto da cidadanía e dos poderes públicos, conseguirase erradicar a violencia de xénero.

únete e DEIXA A TÚA ADHESIÓN

A violencia de xénero non é un problema de ámbito privado, senón que afecta a toda a sociedade en xeral. É unha lacra social, un atentado á dignidade das persoas. A súa manifestación impide o desenvolvemento dunha sociedade de benestar, baseada en valores de igualdade e de respecto. Debemos, por tanto, axuntar esforzos e compromisos se queremos que esta violencia desapareza.

 Por todo isto, o Concello de Xove subscribe este Manifesto contra a Violencia de Xénero  Asumindo o compromiso social de rexeitar esta violencia, denunciando calquera acto en contra da integridade da Muller, apoiando ás vítimas, e transmitindo ás novas xeracións o respecto á igualdade de homes e mulleres.

Co convencemento de que non existen trabas ideológicas nen políticas nesta loita, animamos a que toda a cidadanía asine este manifesto e adquira o compromiso de rexeitamento contra todas as manifestacións da violencia de xénero.