Un total de 38 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove, acompañadas pola Educadora Familiar Angélica Casabella e pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, realizaron a Ruta “CATAMARÁN POR AMANDI” do Programa Km 0 da Deputación de Lugo.
O itinerario comezou cunha recepción na Deputación de Lugo, por parte da Deputada de Medio Ambiente. A continuación, visitaron a Fundación TIC. Posteriormente, desprazáronse á Ribeira Sacra para realizar unha travesía fluvial polo canón do Sil. Durante o desenvolvemento do programa, fíxose unha parada para xantar.
Esta saída forma parte do programa da Escola de Maiores, que durante o curso 2012-2013 incluirá realización de dúas visitas culturais a localidades galegas.