Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xullo  
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Becas & Axudas ó Estudo 2012-2013

O vindeiro LUNS 15 DE OUTUBRO ábrese o prazo no Concello de Xove para solicitar bolsas e axudas ao estudio para o Curso 2012-2013, que vai estar aberto ata o 20 de novembro, incluido. A tramitación dos expedientes de solicitude hai que realizala no Departamento de Servizos Sociais do Concello.  

    Hint

En canto ás contías de cada modalidade, temos: 

  • 1.-Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
  • 2.-Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
  • 3.-Modalidade 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha
  • 4.-Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación:
    • a.- Preescolar: 65,00 €
    • b.- Primaria e ESO: 60,00 €
    • c.- Bacharelato: 125,00 €
    • d.- Ciclos formativos: 125,00 €
  • 5.-Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €.

 A contía prevista para esta actuación na presente convocatoria é 40.000 euros

     bases_becas2012-2013  

4.- Forma de adxudicación da concesión da subvención: Concorrencia non competitiva. Esta convocatoria tramitarase polo procedemento establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, tendo en conta que, polo obxecto e finalidade das axudas non será necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

Ao tratarse de un procedemento administrativo que non leva aparellado o esgotamento do crédito nun só acto de concesión senon que a súa disposición se realiza en actos sucesivos, e tal e como dispón o artigo 31.4 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, no momento do esgotamento da partida orzamentaria asignada non poderán admitirse posteriores solicitudes destinadas a participar del, salvo que se recurra a un incremento do crédito orzamentario ou se recurra a unha nova convocatoria, do xeito establecido no artigo 31.2 da lei anterior.

5.- Orzamento.-A contía prevista para esta actuación na presente convocatoria é 40.000 euros con cargo á aplicación 324.481 do orzamento do presente ano 2012.

6.- Contía das axudas
O Concello de Xove abonará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nestas bases por alumno ou alumna segundo a renda per cápita familiar (englobando os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia) que consta na declaración do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas presentada no ano da solicitude.

 As dotacións das bolsas son as seguintes:

 1.-Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €

2.-Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €

3.-Modalidade 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha

4.-Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación:

a.- Preescolar: 65,00 €

b.- Primaria e ESO: 60,00 €

c.- Bacharelato: 125,00 €

d.- Ciclos formativos: 125,00 €

5.-Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €.

 7.- Gastos subvencionablesSon subvencionables os gastos nos que se incurre pola realización dos estudos a que se fai referencia no punto 3 da presente convocatoria.

 8.- Presentación de solicitudes de subvención

  1. Data límite de presentación de solicitudes O prazo de presentación das solicitudes será de 31 días hábiles contados a partir do 15 de outubro, entendéndose como último día hábil para a presentación de solicitudes o 20 de novembro. Este prazo poderá ser prorrogado, excepcionalmente por Resolución motivada do Sr. Alcalde-Presidente, sin que en ningún caso a duración de dita prórroga poida exceder de 10 días.
  1. Documentación a presentar: impreso oficial completo acompañado da documentación esixida nas bases reguladoras da presente convocatoria.
  1. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Xove. Camiño Real, s/n; 27880, Xove (Lugo)

Asímesmo, tamén poderán presentarse ditas instancias no rexistro e oficinas, de acordo co previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

9.- Resolución do procedemento: Xunta de Goberno Local, previo informe-proposta do Departamento de Servizos Sociais. Non obstante, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e con carácter previo á celebración da sesión da Xunta de Goberno e para a valoración das solicitudes presentadas, reunirase a Xunta Municipal de Portavoces, asistida pola Traballadora Social, Interventora Municipal, ou persoas en quen deleguen, levantándose Acta polo Secretario Municipal.

 

10.- Xustificación e pagamento O pago das bolsas e axudas realizarase mediante cheque ou transferencia bancaria, en función das disponibilidades da tesourería municipal, unha vez que a Xunta de Goberno Local adopte acordo aprobatorio da concesión das mesmas.

Será requisito indispensable para o libramento da axuda aportar a seguinte documentación:

  • -Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias co Concello de Xove
  • -Declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade, no modelo normalizado
  • -Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma
  • -Certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa, no modelo normalizado.

 

11.- Obrigas dos beneficiarios da subvención

Son obrigas dos beneficiarios de bolsas ou axudas ao estudo as seguintes:

  • 1.- Consignar fielmente a documentación e os datos esixidos nas presentes Bases
  • 2.- Destinar a bolsa ou axuda á finalidade para a que se concede, entendéndose por tal a matriculación, asistencia a clases, presentación de exames, aloxamento, estancia, pago de tributos e demáis obrigas.
  • 3.- Non ocultar calquera fonte de renda, o que poderá dar lugar á denegación da bolsa ou axuda solicitada.
  • 4.- De revogarse a concesión dunha bolsa ou axuda ó estudo, o beneficiario estará na obriga de reintegrar as cantidades recibidas
  • 5.- A presentación da solicitude obriga ó solicitante á aceptación das Bases que rexen o procedemento
  • 6.- Someterse ás actuacións de comprobación que, en relación coas axudas concedidas, se practiquen polo órgano concedente.

 

12.- Outras informacións No Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove. Teléfono: 982.59.20.01

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo