Concerto na residencia da terceira idade
Hoxe celébrase en Xove a XIXª FESTA DA TERCEIRA IDADE, e con tal motivo o Concello programou unha serie de actividades. Ademáis das actividades organizadas pola Concellería de Servizos Sociais, a Concellería de Cultura sumouse organizando un pequeno concerto para tódolos/as residentes na RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE SAN BARTOLO DE XOVE.
O concerto, celebrado ás 11:30 horas no hall de entrada da Residencia, contou coa presenza do Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira Dolores Meitín, así como a maioría dos residentes. No Concerto participaron tres profesores da Escola Municipal de Música de Xove:
Iria Pigueira (violín), Manuel Fernández (violín) e Xulia Nogueira  (chelo).

music4563