Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Vacacións para persoas maiores do IMSERSO
Plazo de presentación das solicitudes: 27 de xuño de 2011
Lugar de presentación: Departamento de Servizos Sociais do Concello - 982 59 20 01

Condicións para participar:

  • Ser maior de 65 anos
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de pensións.
  • Ser pensionista de viudedade con idade igual ou superior a 55 anos.
  • Pensionista de invalidez, outras pensións ou prexubilados e ter en todos estos casos 60 anos cumplidos.

 

Solicitantes:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
  • Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
  • Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.

Modalidades:

Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2011 e xuño de 2012, segundo a modalidade:

  • Estadías en zonas costeiras.
  • Viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España.
  • Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.
  • Intercambio con outros países.

Servizos incluídos:

  • Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación
  • Póliza colectiva de seguros

Nos viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.

Prezos por persoa das diferentes quendas:

A previsión de prezos para a tempada 2011/2012 é a seguinte:


8 días (7 noites) 10 días (9 noites)
15 días (14 noites)
15 días combinados (14 noites)
Destinos T. baixa
T.alta T. baixa
T.alta
T. baixa
T. alta

Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana 121,00 € 177,00 € 165,00 € 227,00 € 225,00 €
330 €
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte) 101,00 € 146,00 €
132,00 € 182,00 € 204,00 €
265 €
Baleares 131,00 € 205,00 €
179,00 € 259,00 € 263,00 €
356 €

Baleares (sen transporte) 101,00 € 146,00 €
132,00 € 182,00 €


Canarias 269,00 € 338,00 € 493,00 € 525,00
Canarias (sen transporte)
146,00 € 182,00 €



Portugal (8 días/7 noites)
179,00 €
Viaxes culturais (6 d/5 n) 202,00 €
Turismo de Natureza (5d/4n) 198,00 €

Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 13,00 € por noite para os destinos de península e Baleares, 15,00 € por noite para Canarias e 18 € por noite para os destinos de viaxes Culturais e Turismo de Natureza, suxeito sempre a dispoñibilidade de cuarto individual.

As quendas de Navidade e Fin de ano teñen un suplemento de 10 € por persoa.

Temporada baixa: As quendas que se inicien dentro dos días do 1 ao 17 de decembro e do 1 ao 31 de xaneiro.

Temporada alta: Quendas que se inicien en datas distintas ás anteriores.

Os destinos a Canarias, Circuitos culturais, Turismos de natureza e Portugal consideraranse sempre temporada alta.

  • Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais durante 6 días (5 pernoctacións) en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica.
  • Turismo de natureza: Realizaranse en quendas de 5 días (4 pernoctacións) en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza.

Solicitude de praza:

Actualización de datos de solicitudes presentadas na tempada anterior:

Por este procedemento poden participar todas aquelas persoas que tendo presentado solicitude durante a pasada tempada recibiran acreditación posterior do IMSERSO para participar no Programa.

Todos os usuarios acreditados permanecerán na base de datos do IMSERSO mentres non indiquen o contrario.

Se os seus datos foran correctos e a súa petición de viaxe as mesmas que o ano pasado, no é preciso sequera que retornen a Renovación de Datos, xa que se actualizará directamente a súa petición.

Nova solicitude:

Deberán formalizada todas aquelas persoas que ou ben accedan por primeira vez ao Programa ou que desexen volver a participar tras un período inactivo.

Documentación:

Non será necesario achegar fotocopias do DNI nin da/do solicitante nin do cónxuxe, aínda que sí hai que presentar este documento tanto nas axencias de viaxes para obter os billetes como ao comezo da viaxe.

Elixirase un destino como máximo por cada unha das opcións (A e B) marcando con un 1 a opción desexada en primeiro lugar e con un 2 a segunda.

Non é necesario que a filla ou fillo con discapacidade formule solicitude independente, chegará con cumprimentar o apartado correspondente na dos seus pais.

A unión de solicitudes só poderán efectuarse entre persoas dunha mesma provincia de orixe, tendo en conta nestes casos que os destinos elixidos e a orden de prioridade deben ser exactamente iguais en ambas solicitudes.

No caso de que o número de solicitantes sexa superior ao número de prazas do Programa o IMSERSO aplicará uns criterios de selección, tendo en conta as seguintes condicións:

  • Idade da/do solicitante (no caso de matrimonio aplicarase a media)
  • Contía da pensión.
  • Ter viaxado en tempadas anteriores.
  • Condición de familia numerosa.

Aproximadamente no mes de setembro de 2011 tódolos/as solicitantes recibirán unha notificación na que se lles indicará:

  • Data na que poden obter os billetes, con garantía de praza, debendo elixir a súa viaxe dentro das dispoñibilidades existentes.
  • Para aqueles que unha vez baremados non teñan garantía de praza, notificaráselles igualmente a data a partir da cal poderán dirixirse á axencia de viaxes por se houbera vacantes para calquera dos destinos ou datas.
  • Solicitude telemática (cumprimentación vía web)
  • Solicitude manual (pdf)
  • Folleto informativo

Lugar de presentación:

  • Servizos Sociais Comunitarios (se o Concello ten subscrito o convenio).
  • Servizos Centrais do IMSERSO (Avda. de la Ilustración, s/n c/v c/ Ginzo de Limia, 58. 28029 Madrid)
  • No Apartado de Correos 10.140, 28080 MADRID.
  • En calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas.

Máis información no teléfono 901 109 899 IMSERSO. De luns a ventes de 9 a 21 horas e os sábados de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación:

Ata o 27 de xuño de 2011. Non obstante o prazo manterase aberto ata o día 1 de decembro de 2010 para aquelas persoas que non formularan no seu momento a súa solicitude. Neste caso non haberá baremación e será acreditado para cubrir as posibles vacantes que poideran producirse.

Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 13,00 € por noite para os destinos de península e Baleares, 15,00 € por noite para Canarias e 18 € por noite para os destinos de viaxes Culturais e Turismo de Natureza, suxeito sempre a dispoñibilidade de cuarto individual.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo