Viaxe da Escola de Maiores a Avilés
A Escola de Maiores do Concello de Xove realizou onte, 2 de xuño, unha nova viaxe cultural, esta vez dirixida á cidade de Avilés.

En total foron 44 persoas, estudantes da Escola e acompañantes, así como á Asistenta Social Ana de la Barrera e a Profesora da Escola Ángelica Casabella as que realizaron a viaxe.
O programa da mesma foi o seguinte: saída de Xove ás 8:00 horas, chegando ás 11:00 horas a Avilés. Xa en Avilés o grupo realizou unha visita á zona histórica con visitas exteriores á: Praza do Concello, Parque de Ferrera, Igrexa do Padres Franciscanos, Pazos de Ferrera e Campo Sagrado, etc., sendo acompados por un guía. Despois de xantar, acompañados tamén por un guía, o grupo realizou unha visita ao Centro Oscar Niemeyer. Xa de retorno, o grupo parou en Salinas a visitar o Museo das Anclas, así como o Mirador Philippe Cousteau.

DSCF2392