Viaxe á Costa do Sol de Xubilados

A Concellería de Servizos Sociais organizou unha viaxe para as persoas maiores de 60 anos e xubiladas do Concello de Xove con destino á COSTA DO SOL cunha duración de 8 días. O pasado martes, 26 de abril, 78 persoas do noso concello partiron con destino a Torremolinos, acompañadas por tres técnicas municipais.

Durante a viaxe fixeron escala en Cáceres, onde disfrutaron dunha visita guiada á cidade extremeña. Unha vez instalados en Torremolinos, puideron realizar varias excursións a Málaga, Ronda, Marbella, Puerto Banús e Granada. As entradas á Catedral e Casa Picasso en Málaga e a Alhambra en Granada estaban incluidas no coste da viaxe. As diferentes visitas contaron co servizo de dous guías locais.

As persoas, que participan nesta viaxe, regresarán mañá martes, día 3 de maio, despois de facer noite en Salamanca e visita á cidade.