Viaxe a Alfoz da Escola de Maiores de Xove
O 8 de abril o alumnado da  Escola de Maiores visitou o Concello de Alfoz, acompañados pola Educadora Familiar Angélica Casabella e a Traballadora Social Ana de la Barrera, e por Tatiana, a Educadora Familiar de Alfoz; esta viaxe enmarcouse dentro das saídas culturais programadas dentro do curso académico e que aportan un gran coñecemento vivencial e social ás persoas participantes.

viaxe4

Pola mañá  acudiron ao parque eólico deste Concello. A visita foi guiada polos técnicos do parque, que explicaron o funcionamento do mesmo. Posteriormente, subiron ao mirador do  Pereiro para contemplar unha panorámica de Alfoz, para, a continuación, visitar unha granxa de leite mecanizada, na cal puideron ver a sala de ordeño, sala das crias, proceso de limpeza, etc.; de seguido, todo o grupo se desprazou a Torre do Mariscal Pardo de Cela, onde puideron ver todo o seu interior.
Xa pola tarde, despois do xantar, todo o grupo fixo funha ruta de sendeirismo dende a coñecida Sala da Naranxa ata chegar á Finca Galea, bordeando todo rio. Coa visita á Finca Galea, rematou esta viaxe.