Estado de Emerxencia=>Servizo Entrega de Medicamentos

      ENTREGA A DOMICILIO DE MEDICAMENTOS CON RECEITA MÉDICA        

1500x844 medicinas evidenciaCo fin de asegurar a continuidade e adherencia aos tratamentos  e como medida excepcional ante o estado de alarma, o Concello de Xove pon a disposición das persoas maiores, persoas en situación de risco, vulnerabilidade ou con mobilidade reducida do municipio, o servizo de entrega a domicilio de  medicamentos con receta médica, evitando así os desprazamentos e o risco de contacto na poboación máis vulnerable. Para solicitar este servizo, as persoas interesadas deberán chamar directamente ao concello (Tlfno.: 982 59 20 01), e dar os seus datos persoais, dirección e número da tarxeta sanitaria.O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove, como servizo esencial, neste momento de alerta polo COVID-19, está a facer un grande esforzo para dar cobertura, na maior brevidade posible, a todas as demandas que están a chegar.
Con relación ao Servizo de Axuda no Fogar tomáronse todas as medidas preventivas co fin de minimizar os posibles riscos de contaxio na poboación de terceira idade do Concello de Xove. Estase atendendo a un total de 60 familias con diferentes problemáticas; persoas que viven soas e carecen de apoio, persoas con discapacidade, persoas dependentes, etc.
Ademais, dende a entrada no estado de alerta, fixéronse dous repartos de alimentos (frescos e non perecederos) ás familias con maiores necesidades, asistindo a un total de 25 familias.
Tamén puxemos en marcha o proxecto “Coas nosas cores buscamos o teu sorriso” para  animar a toda esa xente que está velando por nós, nos hospitais e nos centros residenciais galegos, ata as persoas enfermas e maiores que neste momento se encontran illadas e que están a pasar momentos moi duros sen poder recibir as visitas dos seus seres queridos.
Polo tanto continuamos animando a todos/as os/as nenos/as e rapaces e rapazas a que sigan enviando os seus debuxos, mensaxes, cartas,.... para poder chegar ao maior número de xente. Sen vós non sería posible!!

Temos habilitado o seguinte correo electrónico === Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. === así como o teléfono 982592001, nos que estamos a atender todas as demandas e consultas, ademais de ofrecelos como medios de información, asesoramento e resolución de todas as dúbidas e problemas que poidas xurdir nestes días aos nosos/as veciños/as.


PERSOA DE CONTACTO:
José Demetrio Salgueiro Rapa. Alcalde do Concello de Xove (Teléfono de contacto: 690 65 17 14)