Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove dáse a conocer a nova convocatoria de un total de 700 prazas para participar no programa de Benestar en balnearios da Xunta de Galicia.
*****Prazo de presentación de solicitudes : ata o 2 de maio de 2019.
Persoas beneficiarias e requisitos
1. Serán persoas beneficiarias do programa de Benestar en balnearios aquelas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.
d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f) ) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
2. A persoa solicitante poderá ir acompañada de:
a) O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.
b) Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos anteriores, agás o da letra a).
c) Unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados anteriormente.
3. As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Servizos e prestacións que se inclúen
a) Estadía de 10 días, 9 noites.
b) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
c) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:
d) Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro, residencial ou termal.
e) Póliza colectiva de seguro turístico.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS607A
Para a tramitación destas solicitudes poderán consultarse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade (DNI), ou número de identificación de estranxeiro (NIE), segundo proceda, relativo á persoa solicitante e, se for o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
b) Certificado de empadroamento relativo á persoa solicitante e, se for o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
c) Declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao último período no que se presente a solicitude ou certificado das pensións outorgadas polo INSS ou pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.
d) Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado foi expedido pola Xunta de Galicia.
No caso de que as persoas interesadas ou acompañantes se opoñan a esta consulta deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude ou nos anexos II ou III, segundo proceda, e achegar os documentos acreditativos correspondentes.
En todo caso, e cando proceda, terán que xuntar os seguintes documentos:
A documentación complementaria tamén se presentará preferiblemente por vía electrónica
* En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de tres destinos por orde de prioridade.
Valoración de solicitudes
Adxudicación de prazas
Para que a adxudicación de prazas sexa definitiva, as persoas ás que se lles concede praza terán que enviar, ao lugar e no prazo que se lles indique, o documento de aceptación da praza xunto co xustificante de ter aboado o importe de reserva de praza no balneario adxudicado.
Máis Información:
Os establecementos termais nos que se ofertan as prazas así como as datas nas que se van levar a cabo as quendas e o prezo por praza son os que figuran no seguinte ----->ANEXO IV <-------