A avoa de Xove cumpre 102 anos!

O pasado luns 19 de novembro a avoa de Xove estivo de cumpreanos, concretamente 102 anos. Isto significa que naceu en plena Iª Guerra Mundial. Pois ben, coma nos últimos anos, o Concello, a través do seu alcalde Demetrio Salgueiro, fíxolle unha pequena homenaxe na súa casa, onde Constantina estivo arroupada por unha parte da súa familia.