Viaxe cultural da Escola de Maiores a as Pontes

Hoxe, 15 de xuño, 35 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove están a facer unha viaxe cultural ao concello coruñés de As Pontes.

 Pola mañá visitaron  a granxa Xareleira, situada na parroquia do Aparral. De seguido foron recibidos pola Primeira Tenente de alcalde Monserrat García, para continuar cun paseo polo parque municipal.

Despois dun bó xantar, visitaron o Encoro de Ribeira, o Muiño Novo de Prieto e os Poboados e a Fraga. Continuaron a visita pola Vila Histórica, un paseo polo novo lago e a Senda da Memoria. Para rematar visitaron a Central, o Poboado das Veigas e Lar. Por último, retorno cara casa.

Nesta viaxe, o grupo estivo  acompañado pola concelleira de Cultura Dolores Meitín e a Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella.