Viaxe Cultural da Escola de Maiores a Cangas de Onis

 Hoxe, 26 de abril, 40 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove están a facer unha viaxe cultural ao concello asturiano de Cangas de Onis. Pola mañá visitaron o SANTUARIO DE COVADONGA e, xa pola tarde, van visitar o propio pobo de CANGAS DE ONíS. Dentro dos actos previstos, decir que o grupo foi recibido polo Tenente de Alcalde de Cangas de Onís. 

Nesta viaxe, o grupo estivo acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad e a Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella.