Melloras na Gardería Municipal de Xove

Unha das prioridades do Concello de Xove é dar servizos de calidade, pensando sempre no beneficio para os veciños e veciñas. E por isto,  estase nunha continua mellora dos servizos municipais. Para o Concello o fomento da natalidade e a conciliación da vida familiar e laboral é un dos seus obxectivos prioritarios. Con este fin, neste exercicio 2017 realizaouse unha importante inversión na Escola Infantil municipal para mellorar o patio exterior de xogo, ampliando tamén a súa dotación coa instalación dunha moderna pantalla dixital e outros materiais didácticos.

O investimento realizado foi dun importe que ascende a  34.558,88 €, financiado polo noso Concello e subvencionada a parte restante pola Consellería de Política Social, dentro da cal se inclúen Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.