Becas e Axuda ó Estudo curso 2017/2018
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar as becas e axudas ao estudo para o curso 2017/2018 abarcará de DO 26 DE OUTUBRO AO 14 DE NOVEMBRO DE 2017
Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo segundo as bases vixentes:
- Solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditatva do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa (facilitaranse os modelos normalizados no Departamento de Servizos Sociais ou na Sede Electrónica do Concello).
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Certificado de empadroamento e de convivencia.
- Certificado ou acreditación de estar matriculado/a nos estudos para os que se solicita a axuda.
- Notas acadadas no curso 2016/2017, con excepción de educación infantil e primaria.
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certfcado negatvo de Facenda ou calquera outro documento acreditatvo dos ingresos familiares (nóminas, certfcacións de empresas, pensións,...).
- Certificado acreditatvo de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias co Concello de Xove.
- Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de contra e ttular da mesma.