Viaxe Cultural da Escola de Maiores a Ponferrada

Hoxe, 22 de marzo, 40 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove están a facer unha viaxe cultural a Ponferrada. Pola mañá, pasearon polo casco histórico da cidade, percorrendo nunha visita guiada as súas rúas, prazas e visitando: o Castillo de los Templarios, o Museo del Bierzo e a Torre del Reloj; xa pola tarde, van visitar o Museo de la Radio de Luis del Olmo e a  Basílica de la Virgen de la Encina. Nesta viaxe, estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad e a Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella.