Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta

Dende o Departamento de Servizos Sociais, comunicase que xa pode solicitarse  o  Bono de Alugueiro Social da Xunta  (tamén se tramita no Departamento de Servizos Sociais do Concello),  destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:

 

Requisitos xerais das persoas beneficiarias

  1. Que estean empadroadas en Galicia durante, polo menos, os 12 meses anteriores á data da solicitude.
  2. Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello de Galicia.
  3. Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia a constituír o seu domicilio habitual e permanente.
  4. Que a renda do contrato de arrendamento que se subvenciona non supere os importes sinalados no artigo 6.
  5. Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, computados conforme establece o artigo 4, sexan inferiores a 1,5 veces o IPREM
  6. Que nin a persoa arrendataria nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora, nin vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata segundo grado, coa persoa arrendadora. Esta mesma exixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.
  7. Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto. Exceptuase o caso de que, dispoñendo dela, non goce do seu uso e desfrute ou se trate dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razóns de habitabilidade e mobilidade.(*)
  8. Que non poden ser arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.
  9. Que os membros da unidade de convivencia estean ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, nin estean incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos específicos

Ademáis dos requisitos xerais, deberanse cumprir os requisitos específicos que se sinalan en cada caso:

1. Persoas afectadas pola interposición dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas ou por unha resolución xudicial de terminación dun procedemento da mesma natureza:

  1. Que entre a comunicación da interposición da demanda e a presentación da solicitude da axuda non transcorresen máis de 6 meses.
  2. Que o contrato de arrendamento que motivou o procedemento de desafiuzamento tivese unha duración superior aos 12 meses.

2. Mulleres pertencentes ao colectivo de vítimas de violencia de xénero:

  1. Que a situación de violencia de xénero se producira nunha relación de convivencia.
  2. Que teñan cesado dita convivencia nos doce meses anteriores á presentación da solicitude.
  3. Que leven residindo polo menos dous meses antes da presentación da solicitude, nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para mulleres que sofren violencia de xénero e adscritos a unha Administración pública.
  4. Que o documento acreditativo da situación de violencia, fora adoptado ou emitido nos 6 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  5. Que a orde de protección ou a medida cautelar estean vixentes na data de presentación da solicitude e se manteña á data da resolución desta axuda.

3. Unidades de convivencia, privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc:

  1. Que a circunstancia imprevisible e sobrevida acaecese dentro dos 6 meses anteriores á presentación da solicitude.

4. Unidades de convivencia que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do alugueiro de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, rematasen o período de desfrute desta axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social:

  1. Que non se lles interpuxese unha demanda por danos causados na vivenda alugada a través do citado programa.
  2. Que non teñan débedas derivadas de subministracións da vivenda alugada no marco do Programa Aluga por un período superior aos dous meses.

5. Unidades de convivencia que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato:

  1. Que entre a finalización do contrato de arrendamento e a presentación da solicitude de axuda non transcorresen máis de 3 meses.

6. Unidades de convivencia en que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa:

  1. que a circunstancia excepcional que motiva a proposta de adxudicación da dita comisión resulte acreditada en virtude do informe dos servizos sociais do respectivo concello a que se refire o número 10.X) do artigo 9.

Cómputo de ingresos para acceder ao programa

Para acceder a este programa de axudas é preciso que os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non excedan límites previstos.

Para estes efectos, considerase unidade de convivencia o conxunto de persoas que habitan nunha mesma vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do  IRPF.

A contía resultante do rateo non poderá superar o seguinte límite:

Nº membros unidade familiar 1,5 veces IPREM Mensual
1 745,51
2 1.035,44
3 1.164,87
4 1.331,28
5 ou máis 1.553,15

Renda das vivendas

A renda mensual máxima non pode superar os seguintes importes:

  1. 400 euros, para as vivendas situadas nos seguintes concellos: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
  2. 350 euros, para as vivendas situadas nos seguintes concellos: Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
  3. 300 €, para as vivendas situadas no resto de concellos.

Estas contías poderán ser incrementadas ata un 20 % no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha unidade de convivencia que necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.

 ------------>  Solicitude   --------->  Presentación electrónica na sede da Xunta de Galicia ---------

Documentación complementaria:

  1. Comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia (anexo II), distintos da persoa solicitante. No caso de que unha unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar, deberase cubrir un anexo por cada unha delas.. 
  2. Contrato de arrendamento de vivenda e presentación do xustificante do depósito da fianza no IGVS ou indicación do código de procedemento, número de expediente e ano de presentación do depósito da fianza. No caso de descoñecer se foi presentada a fianza, indicarase esta circunstancia na solicitude.
  3. No caso de nai xestante, certificado médico ou documentación que acredite o citado estado.
  4. De ser o caso, certificado acreditativo da situación de adopción en trámite.
  5. Certificado da condición de discapacidade da persoa solicitante para o suposto de ser expedido por unha Administración pública distinta da Xunta de Galicia, ou para o suposto de ter denegado a súa consulta de ser expedido pola Xunta de Galicia.
  6. Compromiso das persoas asinantes do contrato de arrendamento de someterse ás condicións do Programa do bono de alugueiro social (anexo III). Neste anexo indicarase tanto o número de conta bancaria de titularidade da persoa arrendadora en que se realizará o ingreso da subvención mensual do bono de alugueiro social como o número de conta da persoa arrendataria en que se realizará o ingreso, de ser o caso, da axuda complementaria.
  7. Para o caso de persoas afectadas por un procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas,copia da demanda interposta.
  8. Para o caso de mulleres vítimas de violencia de xénero, deberán acreditar esta condición mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: Certificación, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/o xudicial da orde de protección ou da medida cautelar; sentenza que declare que a muller sufriu violencia de xénero; informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente no que conste a existencia de ditos indicios; informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local nos que se recolla a dita condición e a data na que se produciu o cesamento da convivencia; informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local no que se recolla a dita condición e a data na que se produciu o cesamento da convivencia.
  9. Para o caso das persoas privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, deberán aportar os seguintes documentos: Título que acredite a súa condición de persoa propietaria ou usufrutuaria da vivenda afectada polos danos, Memoria que acredite a inhabitabilidade da vivenda polos danos sufridos, Reportaxe fotográfica onde se reflictan os danos sufridos pola vivenda.
  10. Informe dos servizos sociais do concello, que deberá recoller os seguintes extremos:
  1. A composición da unidade de convivencia.
  2. Os ingresos de cada un dos membros da unidade de convivencia, conforme o sinalado no artigo 4, e a situación económica na que se indique a dificultade do pagamento da renda da vivenda que se vaia subvencionar.
  3. O seu grao de integración social. En concreto, debe informarse se os membros da unidade de convivencia incumpriron reiteradamente as normas da comunidade de veciños/as. Para estes efectos, poderán ser excluídas destas axudas aquelas persoas que, en virtude do informe emitido polos servizos sociais, conste que incumpriron reiteradamente as devanditas normas.
  4. Memoria de actuación para o apoio á unidade de convivencia na que se indiquen os recursos postos á súa disposición, orientados á recuperación da economía familiar.
  5. A necesidade, de ser o caso, da participación nun proxecto individualizado no que se defina o itinerario, os recursos e o conxunto de obrigas e compromisos da persoa beneficiaria e da súa unidade de convivencia, orientado á recuperación da economía familiar.
  6. As distintas axudas, cos seus importes, que para a mesma finalidade, poida recibir a unidade de convivencia.
  7. Unha proposta da duración temporal desta axuda, en atención as circunstancias concorrentes na correspondente unidade de convivencia.
  1. O número do procedemento xudicial de desafiuzamento por non pagamento de rendas do que sexa ou fora parte a persoa solicitante, con indicación da data da interposición da demanda ou, de ser o caso, da resolución xudicial da terminación do procedemento.
  2. A duración do contrato de alugueiro que motivou o procedemento de desafiuzamento.

A documentación xustificativa do pagamento da parte da renda que lle corresponde satisfacer á persoa arrendataria, deberase presentar na Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda dentro dos 10 primeiros días naturais de cada mes. A tales efectos, só será válida a xustificación realizada mediante a achega do extracto ou certificado bancario que acredite o pagamento no número de conta sinalado pola persoa arrendadora no anexo III

Lugar de presentación

Prazo de presentación

A partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG e terminará ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o día 20 de novembro de 2017.