Actos do Día Internacional da Muller Traballadora

Dentro dos actos programados polo noso Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, hoxe tivemos un dos máis emotivos. Como recoñecemento a toda unha vida adicada ao traballo e aos seus, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras de Servizos Sociais e Deporte, realizáronlle unha visita a Dª CONSTANTINA LÓPEZ MARTÍNEZ, a persoa máis maior de Xove. Constantina, quen aos seus 99 anos inda mantén unha presencia e  unha prestancia moi elegante, estivo acompañada por membros de varias xeracións da súa familia. O alcalde, agradecéndolle o traballo de toda unha vida, aproveitou para facerlle entrega dun ramo de frores. Tamén aproveitou o alcalde para facer unha visita á Residencia San Bartolomé de Xove onde lle fixo tamén un recoñecemento e un agasallo á persoa máis maior da Residencia, concretamente Dª Herminia López Paez, de 96 anos. 

Recordamos que as actividades do Concello de Xove para conmemorar  o Día Internacional da Muller Traballadora continúan: