Axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana.

Obxecto: Conceder de axudas económicas en  modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas ás familias numerosas que teñan a súa residencia en Galicia.

Tipo de axuda: As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e en 37,5 € para os menores de 12 anos.

Persoas beneficiarias e requisitos:  Poderán ser beneficiarias  as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que, ademais dos requisitos do artigo 10 da   Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cumpran os seguintes:

Documentación necesaria

Lugar de presentación. Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.

Prazo de presentación Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o 19 de outubro de 2015 (por ser o día 18 inhábil)

Normativa: Orde do 11 de setembro de 2015 pola que se regula o procedemento de concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. (DOG nº 179 do 18/09/2015)