CLAUSURADO O PROGRAMA “MAÑÁS ACTIVAS. XUVENTUDE ACTIVA”.

Onte clausurouse en Xove  o proxecto de voluntariado “MAÑÁS ACTIVAS. XUVENTUDE ACTIVA”, que nesta terceira edición contou coa participación de 5 voluntarias, as cales colaboraron na realización de actividades durante o tempo de duración do programa, os meses de xullo e agosto. Nesta edición participaron 20 xoves de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos que realizaron activades de todo tipo: informática, obradoiro de cociña, educación vial, actividades de natureza, manualidades, etc.

O acto de clausura, no que estiveron presentes as concelleiras de Servizos Sociais Ana Abad e de Xuventude Cristina Iglesias, comezou coa entrega dos Diplomas aos participantes no obradoiro de informática. Posteriormente, tódolos asistentes participantes do programa, acompañados por familiares,  disfrutaron dun vídeo onde se recollían imáxes das actividades realizadas; este vídeo foi realizado polo profesor de informática Daniel López.

Para rematar a clausura, procedeuse á inauguración dunha exposición fotográfica onde se recollen imaxes de todo o programa, con todo tipo de actividades; para quens queiran ver esta pequena exposición, decir que está na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove,  aberta en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Ao final, tódolos presentes, participantes e familiares, disfrutaron duns pinchos que foron elaborados polos participantes do proxecto.