Axudas o Estudo na modalidade de Transporte (bonobús)

bonobus

Na Xunta de Goberno Local aprobaronse as  Bases Reguladoras da concesión de axudas ao estudo  na modalidade de transporte mediante o sistema de bonobús, polo que se procede  á convocatoria pública de axudas  autorizando un  gasto de 1.500,00 € con cargo á partida 326.481 do Estado de Gastos para o exercicio de 2015.

2.- Obxecto .-Sufragar gastos derivados do transporte universitario efectuado pola empresa ARRIVA aos campus universitarios de Coruña e Santiago así coma o transporte para ciclos formativos que non se cursen en San Cibrao, Burela e Viveiro.
3.- Beneficiarios.- Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas persoas que, reunindo os requisitos que esixen as mBases reguladoras da concesión das presentes axudas, cursen estudos universitarios nos campus de Santiago e A Coruña ou en ciclos formativos que non se presten en San Cibrao, Viveiro ou Burela, en concepto de desprazamento ou transporte.

CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA